martes, 17 de noviembre de 2009

Morrer sen teito, Malvivir na rúa






Frío,
durmir no chan,
vento
e choiva na rúa


Data de publicación: 14/11/2009 , La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/11/14/0003_8105648.htm

   A pasada noite durmín na rúa. Pódovos asegurar que é moi duro. Frío, durmir no chan, vento e choiva... e iso que a onda de frío non chegou, segundo din. A compañía era excepcional: unha trintena de persoas sensibles ás necesidades do colectivo máis vulnerable da nosa cidade. Moitas delas tan sensibles como que viven isto en primeira persoa. A dureza da noite compartimola coa mala noticia de saber que esta loita non se vai resolver a curto prazo, e isto fai que o desánimo sexa maior, se cabe. Ao espertar a cabeza pesaba algo máis do normal, sentíame espesa, lenta, cansa... as ideas atropelabanse e os argumentos para entender o que pasa se te atopas na rúa sobrepasan toda a lóxica máis racional.
   A noite dá para pensar moitas cousas... ¿Que faría eu se como muller me vexo na rúa? ¿Onde podo ir para tentar resolver a miña situación? ¿Como podería recuperar a miña dignidade como persoa? O que necesitan estas persoas sen fogar deberiamos de experimentalo aínda que fose por uns intres... ou unha noite.... Non quero nin contarvos como tiven que solucionar as miñas necesidades fisiolóxicas. ¡¡Moi duro!! Compre ter moita resistencia sobrehumana para non seguir morrendo nas nosas rúas.

Axentes de Saúde













   Dende o ano 2001 ata o presente ano 2009, no programa CE.RE.DA (Centro de Reducción de riscos e danos para Persoas con uso problemático de drogas en situación de Exclusión Social en Vigo) implementáronse varias actividades que complementan todavía mais, se cabe, a intervención sociosanitaria debaixa umbral prestada: formación e capacitación de axentes de saúde, participación en actividades de mellora sociosanitaria persoal, obradoiros sociais e sanitarios, etc.

Visita MdMVigo o alcalde Abel Caballero


   O pasado 4 de novembro de 2009, o alcalde de Vigo visita Médicos do Mundo en Vigo.

Grupo de Inclusión Social MdMVigo










 

Dende o ano 2001 temos presenza continuada en Vigo.
A dia de hoxe xa somos un grupiño de persoas que traballamos por temas de xustiza social.


























     MANIFESTO EN FAVOR
   DA APERTURA INMEDIATA
   DO CENTRO DE INCLUSIÓN
   SOCIAL NA CIDADE DE VIGO
 

   Acto de rúa 12 novembro 2009


   Máis de 300 persoas da cidade de Vigo mal vive/mal morre na rúa debido as carencias económicas, sociais e de saúde xa que non existe ningún centro público que cubra as necesidades urxentes de apoios residenciais, etc. na nosa cidade.
   No que vai de ano máis de 20 persoas faleceron na rúa en Vigo, unha cidade que carece de recursos de caracter público para atender ás necesidades das persoas sen fogar.
   As administracións competentes nesta materia, Xunta de Galicia e Concello de Vigo levan meses bloqueando a creación do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de TITULARIDADE PÚBLICA, na nosa cidade, debido a unha manifesta falta de vontade política estase a demorar dun xeito inadmisible a creación deste recurso tan necesario para a cidade de Vigo.
   Hoxe, aquí, a Rede Social Galicia Sur convoca á cidadanía viguesa para esixirlle aos nosos governantes locais e autómicos que cumpran os compromisos políticos adquiridos sobre este tema dende o ano 2004.
   A cidade de Vigo non pode nin debe renunciar a contar cun CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de TITULARIDADE PÚBLICA que de xeito polivalente dea resposta máis alá da simple pernocta puntual e que garanta a posibilidade de iniciar e consolidar procesos de recuperación persoais coas persoas que mal viven nas rúas da nosa cidade. Porque Vigo e a súa cidadanía precisan dun dispositivo público que cubra as necesidades urxentes da poboación en situación de vulnerabilidade e pobreza.

Polo tanto, esiximos:
- Que a este proxecto non se lle poñan máis trabas administrativas porque non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza.
- Que as administracións públicas competentes, Xunta de Galicia e Concello de Vigo, poñan definitivamente e dunha vez por todas os medios necesarios para desbloquear a situación actual deixando a un lado intereses partidistas, facendo posible dunha vez por todas a creación do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de TITULARIDADE PÚBLICA.
- Que se cumpran os compromisos políticos adquiridos dende o 2004, por parte do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia, para a posta en marcha deste recurso.
- Que as medidas temporais e transitorias levadas a cabo pola Xunta de Galicia en previsión da ola de frío en ningún caso subsitúan a creación do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL para a nosa cidade.
- A apertura inmediata do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de TITULARIDADE PÚBLICA sen máis dilacións.

          Solución XA para as persoas sen fogar!!!
As organizacións que forman parte da Rede Social Galicia Sur e que apoian esta iniciativa, son: Aida, Asoc. Xuvenil Abertal, Axuda en Acción, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Dar Máis, Educación Sen fronteiras, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Enxeñería sen fronteiras, Fundación Balms, Fundación Jóvenes y Desarrollo, Fundación Proclade, Fundación Secretariado Xitano,Parroquia Stimo. Cristo da Victoria, Programas de saúde e convivencia da UAD do Concello de Vigo, Implicad@s no desenvolvemento, Intermón Oxfam, Médicos do Mundo, MunDos Cooperativa de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidariedade Internacional, Solidarios para o desenvolvemento, Taller de Solidariedade e Verdegaia.

Concurso Fotográfico

"Ante a Vih, actuar antes de Xulgar"

II CONCURSO DE FOTOGRAFIA DIXITAL
MEDICOS DO MUNDO-GALICIA
Axúdanos a difundir esta información a quen poida estar interesado

1. PARTICIPANTES:   Poderan participar no concurso todalas persoas que o desexen, maiores de idade e de calquera nacionalidade.
2. TEMÁTICA:   O tema central do concurso é “Ante a Vh/sida, actuar antes de xulgar”.
3. FOTOGRAFIA E FORMATO:   Cada participante poderá concursar cun máximo de 3 fotos dixitais sobre a temática a tratar. As fotografías deberán presentarse en formato dixital. O formato das fotografías será JPG ou TIF e presentanse en branco e negro ou en cor.
4. DATA LÍMITE DE RECEPCIÓN DE FOTOGRAFÍAS:   O 4 de decembro de 2009 será o derradeiro día para recibir as fotografias.
5. INSTRUCCIÓNS DE ENVIO:   As fotos deberanse enviar por email a vigo@medicosdelmundo.org, indicando no Asunto: “Concurso Fotográfico”. Tamén se poderán entregar en cd, no seguinte enderezo: II CONCURSO FOTOGRÁFICO. MEDICOS DO MUNDO VIGO. RUA ILLAS BALEARES 15. VIGO 36203 (PONTEVEDRA)
Xunto coas imaxes, enviarase un arquivo en formato Word, cos seguintes datos: breve descripción das fotografías, lugar e circunstancias nas que se tomou a foto (máximo 1 folio), nome completo do autor ou autora, número de teléfono, enderezo postal, enderezo electrónico e persoas de contacto no caso de atoparse ausente.
6. XURADO:   O xurado, composto por persoal de Médicos do Mundo, reunirase dentro dos dez dias seguintes ó remate do prazo de admisión das obras, para elexir as imaxes gañadoras. As decisións do xurado serán inapelables.
Premios
1ºpremio: Unha cámara de fotos dixital compacta (doazón da asociación Tibet Galicia)
Ademais a imaxe gañadora será elexida como portada no calendario de MdM Galicia para o ano 2010 acompañada do nome do autor ou autora.
2º premio e 3º premio: Catálogo Fotográfico “Emergencias Humanitarias” de Médicos do Mundo e camisetas de MDM
Entrega de premios:   O resultado será comunicado ós gañadores ou gañadoras por teléfono ou correo electrónico. Farase un acto social para a entrega dos premios e inaguración da exposición o dia 17 de decembro, ás 17h no local de Médicos do Mundo Vigo.
Difusión, exposición:   Dende o 17 de decembro farase unha exposición das obras seleccionadas, co nome “ANTE A VIH, ACTUAR ANTES DE XULGAR”, no local de Médicos do Mundo Vigo.
Farase unha selección das mellores 20 fotografias, que serán expostas durante o ano 2010 en diversos lugares.
Médicos do Mundo resérvase o dereito de facer as modificacións no calendario, sempre que estas contribuan a un maior éxito do certame.
DISPOSICIÓN DAS FOTOGRAFIAS REALIZADAS: Tódalas obras realizadas quedarán a disposición de Médicos do Mundo, que poderá copialas ou utilizalas sen limitación de medios, tempo ou lugar, para promoción e divulgación, con indicación do nome do seu autor ou autora. A concurrencia a este concurso implica a aceptación das presentes BASES.
MEDICOS DO MUNDO Rua Illas Baleares 15-Vigo 36.203
630.98.00.81/986.48.43.01 vigo@medicosdelmundo.org

viernes, 6 de noviembre de 2009

Manifestación Pobreza Cero en Vigo






   O pasado sábado 17 de outubro manifestámonos en Vigo, co gallo da celebración do Día Internacional pola erradicación da pobreza.

   A manifestación discurreu dende a Praza da Independencia ata a Gota de Leite, edificio que se converteu nos últimos meses en símbolo desta loita, por ser reclamado por todas as entidades que conformamos a Rede Social Galicia Sur como posible Centro de Inclusión Social que dea asistencia ás persoas sen fogar desta cidade.

Bienvenida









Hola a todas y a todos:


   Hoy iniciamos una nueva herramienta. Aún no es tarde.
   Aprovechar las oportunidades de comunicación que nos da la tecnología va a suponer que podamos estar más cerca, y que nuestras ideas y aportaciones lleguen antes al resto de las personas que formamos Médicos del Mundo en Galicia. También nuestros consensos y disensos. Ahora sólo falta que pongamos nuestras aportaciones.
   Gracias a las voluntarias y voluntarios que lo habéis hecho posible.
   Por esto, hoy estamos de enhorabuena.

Nieves Turienzo Río
Presidenta de Médicos del Mundo en Galicia