martes, 20 de julio de 2010

Día 7 de Abril: “A Saúde: un ben de todos e para todos”

   As reivindicacións que como organización fixemos neste día foron:
- Realización de campañas informativas con material escrito de apoio tanto para inmigrantes como para administrativos.
- Reivindicación do dereito á saúde: artigo 25 da carta de dereitos humanos, abogamos por un acceso á asistencia sanitaria sen barreiras de tipo administrativo como ocorre noutras comunidades autónomas.
 
- Reivindicar a integración como a única via posible para traballar mitos e crenzas que temos sobre a poboación inmigrante, e que a poboación inmigrante ten sobre nós.

ACTOS PLANIFICADOS: 


- Rolda de prensa para presentar a guía de saúde e as principais reivindicacións de Médicos do Mundo no ámbito da súde en relación á poboación inmigrante en Galicia.


- Campaña de sensibilización nos centros de saúde: levada a cabo polos voluntarios da área de inmigración: Belén, Gabin, Rocio, Sole, Luisa, Alicia, Sofía, Ilektra, Omaira, persoal técnico e xunta directiva, Felipe Noya, Jose e Belén. No deseño dos materiais contamos coa colaboración de Yanina Torres, Iria Vazquez e Luis Casares.
Visitáronse nove centros de saúde en Santiago, Ames e Teo.



- Presentación da Guía de saúde e inmigración:
 A  guía foi elaborada polo equipo de voluntarios de MDM Santiago, e deseñada por Iría Vazquez. A traducción da guía a diferentes idiomas está sendo realizada por María Rodríguez, Diana Pereira e Cristina Uceda: Inglés, Frances, Árabe, Rumano e Portugués. 
 Na a actualidade comezaremos a validación da guía coas asociacións coas que traballamos.






FORMACIÓN EXTERNA NA QUE PARTICIPAMOS E OUTROS EVENTOS

16/01/2010: Programa informa:  Inmigración Africana, Características do acceso e emprego dos servicios de saúde por parte das persoas inmigrantes e formación para a realización de talleres de axentes de saúde en asociacións de inmigrantes, a esta formación asistiron todos os voluntarios que comezaban na organización, co obxetivo de que tiveran unha formación completa sobre inmigración xa que participaron varios poñentes de diferentes asociacións.
19, 20, 21, 22 e 23 de Abril: Formación sobre inmigración e saúde en Vigo
14, 15, 16 de Maio:  Formación a voluntarios nos talleres a impartir nos centros de saúde
3 e 10 de Maio: Escola de enfermería: onde realizamos unha formación de libre configuración. A área de inmigración presentou:
   Charla I:   A inmigración
   Charla II:  Posicionamento de Médicos do Mundo ante a inmigración.
   Charla III: Tratamento na atención das persoas inmigrantes,
   Dereitos e deberes das persoas inmigrantes, funcionamento do sistema            sanitario, dereito á atención sanitaria das persoas inmigrantes en Galicia,          tramitación da tarxeta sanitaria para persoas inmigrantes...
   Charla IV: Formación en asociacións de inmigrantes
   Charla V:  Formación para profesionais da saúde sobre aspectos relativos á atención do colectivo inmigrante en Galicia.



FORMACIÓN PENDENTE


USC: mediación lingüística e integración de inmigrantes en Galicia: escola, sanidade e empresa. As persoas interesadas en asistir podense por en contacto con Belén Torrón.
De cara ó mes de setembro realizaremos un curso de achegamento á cultura musulmana e ó uso do velo


FOROS NOS QUE ESTAMOS PRESENTES

Acciones desenvolvidas dentro do foro de inmigración:  http://forogi.wordpress.com/legalidad/
 - A través da participación dos voluntarios participamos na área de educación colaborando na realización das campañas educativas nos colexios, os voluntarios que participaron nestas campañas foron: Ilektra, Alicia, Roberto e Belén. As súas tarefas foron participar de forma activa na formación de novos monitores, preparación de materiais, cesión de material para os colexios e colaboración na elaboración de material novo, así como na impartición dos talleres.
 - Participación nas reuniones mensuais do foro: as voluntarias que participaron nesta actividade foron Omaira e Alicia.
 - Participación activa na Asamblea do foro Galego de Inmigración 2010 levada a cabo en Ferrol o día 30 de Maio.

lunes, 19 de julio de 2010

Mellora do acceso da poboación inmigrante á saúde

   Empezamos este proxecto no 2008 cunha investigación sobre ó aceso das persoas inmigrantes ó servicio de saúde, este ano empezamos a traballar na consecución das melloras necesarias que recollemos no estudio.
   Comezamos a poñer os pilares fundamentais para a posta en marcha dunha rede entre asociacións de inmigrantes, co obxetivo de informar sobre todas aquelas necesidades expresadas pola poboación inmigrante que vive na nosa comunidade autónoma.



                      
















Asoc. "Contacto", Boiro.  Asoc. "El Ceibo", Casa del Uruguay, Carballo   
Asoc. "Godwana", Santiago de Compostela.  Asoc. "Ecos do Sur", A Coruña
Asoc. "Machu Pichu", Vigo.  Asoc. "Amigos del Uruguay", Vigo
Asociación "Aida", Vigo.  Asociación Al Bidaya", Vigo.

   Agradecemos a todas as asociacións a súa participación, interese e cariño demostrado durante a realización do curso.

lunes, 12 de julio de 2010

Presentación fotos Sara Janini

 































 O martes 20 de xuño fixemos a presentacion en primicia das fotos de Sara Janini nas que retrata as condicions de vida das persoas sen fogar en Vigo. Foi unha presentacion exclusiva para os/as usuarios/as do CEREDA e para todos/as aqueles que colaboraron coa realizacion das fotos. Aproveitamos ademáis que era martes de FALADOIRO (asamblea libre para as persoas que acuden ó local) para facer unha valoracion da reportaxe, comentar cómo está a situación na rúa, as necesidades do colectivo, propostas de reivindicación e mellora, etc.