domingo, 17 de enero de 2010

Festa de Ano novo no Ce.re.da



   O ano 2009 foi un ano cheo de emocións e moito traballo.   
   Quixemos celebralo con todas as persoas que traballamos: persoas usuarias, axentes de saúde, persoas voluntarias e todas aquelas que dun xeito ou outro conforman o Ce.re.da. Grazas a todas!!!

Axentes de Saúde do Ce.re.da acuden á entrega do Premio "Luis Valtueña"


   O pasado 14 de xaneiro, @s axentes de saúde do Ce.re.da acudiron á entrega de premios de fotografía "Luis Valtueña" no Hostal dos reis Católicos.

lunes, 11 de enero de 2010

O Rei Mago entrega carbón á Xunta e ó Concello de Vigo



















   O pasado dia 5 de xaneiro, unha vez máis, lembrámoslle ós políticos da cidade de Vigo ó incumpremento da creación do centro de inclusión social para as persoas sen fogar.
   A Rede Social Galicia Sur, da que somos parte, pedímoslles ós reis magos este centro tan necesario para a cidade (segundo a lei de servizos sociais calquera cidade de máis de 20.000 persoas está obrigada a ter un centro destas características)
   O noso Rei Mago entregoulle á Xunta de Galicia e ó Concello de Vigo carbón por portarse tan mal coas persoas máis vulnerables da nosa cidade.