domingo, 30 de enero de 2011

Aprobación Posicionamento Local en relación ás Drogodepencias

   Recentemente o Grupo de Movilización en Drogas de Vigo aprobou o seu  posicionamento en relación ás drogodependencias. Este documento, elaborado polo propio Grupo a partires do borrador de posicionamento de Médicos del Mundo España, determina qué queremos e cómo queremos intervir no ámbito do consumo problemático de sustancias na realidade da nosa cidade, máis concretamente, no ámbito da exclusión social.
   En liñas xerais,  recóllese a necesidade de avanzar dende a intervención directa co colectivo cara unha combinación da mesma co activismo social. Detectamos moitas necesidades non cubertas pola Administración, barreiras no acceso a recursos e servizos e en ocasións, vulneracións de Dereitos Humanos Fundamentais que deben ser reivindicados e visibilizados.
   Pomos o acento en determinados grupos dentro da exclusión que son dobremente vulnerables, como as mulleres sen fogar, os inmigrantes en situación irregular e as persoas reclusas, para que adaptemos os recursos e as políticas sociosanitarias ás particularidades de cada un/unha.
   Posicionámonos a favor da regularización de todas as drogas, entendendo que cada persoa decide libremente o consumo ou non de sustancias, pero con políticas de control, calidade, uso, etc  similares ás actuais sobre tabaco e alcohol.
   Esta será a nosa guía común, a vertebra que unirá cada unha das nosas actuacións como Médicos do Mundo Vigo e que nos fará máis coherentes coa nosa labor e cara as persoas usuarias dos nosos programas.

   Saúdos

GRUPO DE MOVILIZACIÓN EN DROGAS DE VIGO

Novidades Grupo de Movilización na Área de Drogas de Vigo

   O Grupo de Movilización en drogodependencias de Vigo está formado por activistas de Médicos do Mundo polos dereitos das persoas consumidoras de drogas, especialmente, de aquelas que se atopan en situación de exclusión social.
   Tras un intenso ano 2010 no que “nacemos” como grupo de movilización, no que buscamos o noso “sitio” dentro de Médicos do Mundo, as nosas posibles funcións, as nosas metas e desexos, perspectivas de traballo, etc, un ano vinculado especialmente ás reivindicacións do colectivo de Persoas sen Fogar pero no que tamén tivemos espacio e tempo para elaborar o noso posicionamento propio en drogodependencias, aterrizamos de cheo no 2011 coas pilas ben cargadas e a mochila chea de novas ideas e proxectos.

   - Seguiremos dando caña co tema do Centro de Emerxencia Social, tan necesario na cidade de Vigo, e con todas aquelas vulneracións ou necesidades non cubertas das que sexamos testigos ou protagonistas, sobretodo tendo en conta que este é ano electoral e que as nosas reivindicacións poden “chegar mellor” a quen corresponda.
   - Elaboraremos un estudo da realidade da muller en situación de exclusión social co que esperamos contribuir a unha maior visibilización do colectivo e polo tanto, a unha mellora nas súas condicións de vida.
   - Estamos estudando a posibilidade de iniciar programas de sensibilización en centros educativos, pero tamén dirixirnos ós profesionais en centros sanitarios e sociais. 
   - Aínda que non é unha actividade propiamente do Grupo de Drogas, moitos/as de nós participamos no “proxecto Caldo” formado únicamente por persoal voluntario que sae polas noites para realizar un estudo da poboación sen fogar na cidade de Vigo.

¡¡¡E moito, moito máis que irá xurdindo!!!
 
Se queres contactar con nós para máis información, suxerencias, colaboración ou para unirte ó Grupo pódelo facer no correo electrónico galicia.mobilizacion@medicosdelmundo.org 
ou a través do noso grupo en Facebook http://www.facebook.com/people/Grupo-Movilizacion-Drogas-Vigo/100001693601857