martes, 17 de noviembre de 2009



























     MANIFESTO EN FAVOR
   DA APERTURA INMEDIATA
   DO CENTRO DE INCLUSIÓN
   SOCIAL NA CIDADE DE VIGO
 

   Acto de rúa 12 novembro 2009


   Máis de 300 persoas da cidade de Vigo mal vive/mal morre na rúa debido as carencias económicas, sociais e de saúde xa que non existe ningún centro público que cubra as necesidades urxentes de apoios residenciais, etc. na nosa cidade.
   No que vai de ano máis de 20 persoas faleceron na rúa en Vigo, unha cidade que carece de recursos de caracter público para atender ás necesidades das persoas sen fogar.
   As administracións competentes nesta materia, Xunta de Galicia e Concello de Vigo levan meses bloqueando a creación do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de TITULARIDADE PÚBLICA, na nosa cidade, debido a unha manifesta falta de vontade política estase a demorar dun xeito inadmisible a creación deste recurso tan necesario para a cidade de Vigo.
   Hoxe, aquí, a Rede Social Galicia Sur convoca á cidadanía viguesa para esixirlle aos nosos governantes locais e autómicos que cumpran os compromisos políticos adquiridos sobre este tema dende o ano 2004.
   A cidade de Vigo non pode nin debe renunciar a contar cun CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de TITULARIDADE PÚBLICA que de xeito polivalente dea resposta máis alá da simple pernocta puntual e que garanta a posibilidade de iniciar e consolidar procesos de recuperación persoais coas persoas que mal viven nas rúas da nosa cidade. Porque Vigo e a súa cidadanía precisan dun dispositivo público que cubra as necesidades urxentes da poboación en situación de vulnerabilidade e pobreza.

Polo tanto, esiximos:
- Que a este proxecto non se lle poñan máis trabas administrativas porque non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza.
- Que as administracións públicas competentes, Xunta de Galicia e Concello de Vigo, poñan definitivamente e dunha vez por todas os medios necesarios para desbloquear a situación actual deixando a un lado intereses partidistas, facendo posible dunha vez por todas a creación do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de TITULARIDADE PÚBLICA.
- Que se cumpran os compromisos políticos adquiridos dende o 2004, por parte do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia, para a posta en marcha deste recurso.
- Que as medidas temporais e transitorias levadas a cabo pola Xunta de Galicia en previsión da ola de frío en ningún caso subsitúan a creación do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL para a nosa cidade.
- A apertura inmediata do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de TITULARIDADE PÚBLICA sen máis dilacións.

          Solución XA para as persoas sen fogar!!!
As organizacións que forman parte da Rede Social Galicia Sur e que apoian esta iniciativa, son: Aida, Asoc. Xuvenil Abertal, Axuda en Acción, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Dar Máis, Educación Sen fronteiras, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Enxeñería sen fronteiras, Fundación Balms, Fundación Jóvenes y Desarrollo, Fundación Proclade, Fundación Secretariado Xitano,Parroquia Stimo. Cristo da Victoria, Programas de saúde e convivencia da UAD do Concello de Vigo, Implicad@s no desenvolvemento, Intermón Oxfam, Médicos do Mundo, MunDos Cooperativa de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidariedade Internacional, Solidarios para o desenvolvemento, Taller de Solidariedade e Verdegaia.