jueves, 8 de agosto de 2013

MÉDICOS DO MUNDO: SATISFACCION POLA AXUDA PRESTADA ÁS VICTIMAS. NON VOS ESQUECEMOS

NOTA DE PRENSA.Unha vez pasada a virulencia inicial tras a catástrofe que sufrimos en Santiago e por extensión en toda Galicia e toda España, e unha vez que case todas as vítimas mortais atópanse xa no seu destino definitivo, como organización que atende catástrofes, provocadas, fortuítas ou naturais, queremos transmitir a nosa admiración e felicitación a todas as persoas e institucións que fixeron que esta traxedia teña as menores consecuencias posibles para todas as persoas implicadas.Debemos felicitar aos veciños e veciñas de Angrois pola súa prontitude, pola súa coraxe e a súa axuda desinteresada; a todas e todos os profesionais, Persoal Sanitario e Non Sanitario dos Hospitais e Servizos de Emerxencia encargados da atención, de Protección Civil e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a todas as persoas que de forma voluntaria durante horas estiveron a disposición de todos estes servizos.Debemos congratularnos pola eficiencia dos nosos Sistemas Públicos de Atención, estes últimos meses tan en dúbida, e que demostraron unha vez máis que é desde unha xestión integrada e global desde onde se obtén unha maior capacidade de resposta. Así o demostraron as Xefaturas de Servizo do Complexo Universitario de Santiago de Compostela, iniciando unha posta en marcha rápida e eficaz desde a independencia nada da súa capacidade para autoxestionar os seus propios servizos, só coa atención posta no mellor para as vítimas.Por iso cando aínda moitas vítimas necesitan axuda para superar as súas lesións físicas e case todas as persoas que viviron esta catástrofe, vítimas ou auxiliadoras, necesitarán axuda psicolóxica para superala, repetimos o noso ofrecemento do Grupo Resposta de Intervención Psicolóxica, con ampla experiencia en catástrofes.Por un Sistema Sanitario Público e Universal para toda a Cidadanía!