Médicos del Mundo participa activamente en la Coordinadora Gallega de ONGDs a través de la Comisión de Incidencia Política, a la que pertenecemos desde su formación. En esta Comisión hace tiempo que se viene trabajando para elaborar un Pacto Galego contra la Pobreza, que debería ser firmado por los grupos políticos representados en el Parlamento de Galicia.
El día 21 de noviembre de 2009 se celebró una Asamblea Xeral Extraordinaria de la Coordinadora, uno de cuyos puntos del día era la presentación del Pacto ante la Asamblea para el debate y aprobación del borrador. La Asamblea lo aprobó por mayoría.
En dicha Asamblea se valoró también el proyecto de Orzamentos Xerais da Xunta de Galicia, en el cual se ve muy disminuida la cantidad destinada a cooperación internacional.
Los otros puntos que se trataron fueron un nuevo Código de Conducta, el Regulamento Xeral das Comisións e Grupos de Traballo y las Iniciativas de Banca Ética en Galicia que proponía la Comisión de Normativa e Código de Conducta.
Gema Filgueira Garrido.Vocal de Cooperación Internacional de MDM-Galicia.
COMUNICADO
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2009
A Asemblea Xeral da Coordinadora califica de INACEPTABLE
a partida de cooperación ao desenvolvemento do Proxecto de
Lei de Orzamentos para 2010 da Xunta de Galicia
O sábado 21 de novembro, a Asemblea da Coordinadora Galega de ONGD, órgano decisor supremo desta asociación, manifestou en bloque a súa decepción coa partida de cooperación ao desenvolvemento que recolle o Anteproxecto de Lei de Orzamentos 2010 da Xunta de Galicia.
Algúns dos datos que provocaron esta reflexión na Asemblea foron:
- A cooperación galega fica para 2010 no 0.086% do orzamento da Xunta de Galicia, con 9.700.000€.
- Isto supón unha reducción con respecto ao 2009 dun 16% do total dos fondos, que en termos absolutos representa 1.916.000€ menos.
- Acadar o 0.7% dos orzamentos para cooperación en 2010 equivalería ao total da cooperación galega nos últimos 18 anos, é dicir, oitenta millóns de euros.
- O programa electoral do PP para as eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, contemplaba que acadar un 0.4% do orzamento da Xunta para cooperación era un obxectivo razoable. (3.2.4. Cooperación ao Desenvolvemento)
Dende a Coordinadora Galega de ONGD, -trala presentación no Parlamento de Galicia do Proxecto de Lei o luns 19 de outubro-, estase a levar a cabo unha importante labor de incidencia na elaboración de emendas parlamentarias á lei, traballando cos tres grupos parlamentarios, BNG, PP e PSdG-PSOE.
ONGD que asinan o presente Comunicado: A Cova da Terra, Acción contra a Fame, Amani Galiza, Amigos da Terra, Amigos Escaes-Perú, Arquitectos Sin Fronteras Galicia, Asemblea de Cooperación pola Paz, Axuda en Acción, Bicis pola Paz, Cáritas Diocesana Santiago, Coopera, Compromiso e Misión, Cruz Vermella, Ecos do Sur, Educación Sen Fronteiras, Entreculturas-Fe e Alegría, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Equus Zebra, Farmamundi Galicia, Fundación Cume, Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María, Implicadas/os no Desenvolvemento, InteRed Galicia, Intermón-Oxfam, Inti, Jóvenes y Desarrollo, Labañou Solidaria, Madreselva, Mans Unidas, Meniños, Médicos do Mundo – Galicia, Natura Hispánica, ONG Lena, ONG Mi Perú, Paz y Desarrollo, Paz e Solidariedade, PROCLADE, PROYDE, SED, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidariedade Galega, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Solidariedade Internacional de Galicia, Taller de Solidariedade, Terra de Homes, UNICEF Galicia, Veterinarios Sen Fronteiras, Voluntariado Social Rogas.
Máis información: Coordinadora Galega de ONGD 981585189 sensibilizacion@galiciasolidaria.org