domingo, 6 de junio de 2010

IV Promoción de Axentes de Saúde no CEREDA











      O dia 1 de xuño celebramos cunha comida na Praia de Samil o fin do Curso Axentes de Saude 2010 con posterior entrega dos diplomas acreditativos. Foi una xornada de lecer e descanso despois de duros meses de traballo.
   Durante os meses de Abril, Maio e Xuño, @s futur@s axentes de saúde do CEREDA participaron activamente na súa formación en educación para a saúde e habilidades sociais. Os módulos traballados foron 3: as habilidades sociais de un/ha axente de saúde, a reducción de danos no consumo de drogas, e a reducción de danos nas prácticas sexuais.  Foron obradoiros prácticos básicamente,  nos que o traballo grupal é pilar fundamental da apredizaxe.
   Coma sempre, a experiencia foi altamente gratificante tanto polas relación persoais que se crean e o vínculo có Programa, como polos coñecementos adquiridos e o recoñecemento de que todos/as (contratad@s, voluntari@s, usuari@s) somos parte activa e implicada no CAMBIO: cada un/ha de nós fará que as mensaxes e actitudes máis saudables cheguen, como una bola de neve, cada vez máis lonxe e a máis xente.
   Pero non só levamos na mochila nova coñecementos, relación cos/as outros/as, levámonos tamén un novo concepto de nós mesmos/as: sabemos e cremos que somos capaces, válidos/as.   Recuperamos parte da autoestima que tras tanto tempo vivindo en una situación de exclusión social, se perdera.
   Dende a equipa do CEREDA queremos agradecer a todos e todas os axentes de saúde de esta e de outras promocións, a oportunidade de camiñar xuntos/as e aprender cada día das súas experiencias, enriquecernos con novos puntos de vista.  Agradecer a súa motivación e ganas para a formación sociosanitaria, a súa colaboración voluntaria co programa a pesar de todo, de tódalas carencias e necesidades sociais, afectivas, persoais e económicas. Por loitar polos dereitos de todos/as os compañeiros/as que viven en situación de exclusión.
   Non permitades que vos invisibilicen, sodes protagonistas da marcha hacia una nova realidade, un mundo mellor , máis saúdable e máis xusto. A vosa voz conta.