O dia 15 de abril de 2010, a Rede Social Galicia Sur, da que forma parte activamente Médicos do Mundo, convocou a toda a cidadania a unha concentración e posterior marcha en Vigo en prol da apertura inmediata do Centro de Inclusión Social. Primeiro concentrámonos na entrada do museo Marco, desplegando as nosas tendas de campaña como símbolo das duras condicións nas que teñen que vivir centros de persoas na cidade que non dispoñen dunha vivenda digna. Posteriormente dirixímonos cara a Praza da Constitución para ler o manifesto onde reclamamos unha vez máis, a inmediata apertura do Centro de Inclusión Social tantas veces prometido pola clase política.