Recentemente o Grupo de Movilización en Drogas de Vigo aprobou o seu posicionamento en relación ás drogodependencias. Este documento, elaborado polo propio Grupo a partires do borrador de posicionamento de Médicos del Mundo España, determina qué queremos e cómo queremos intervir no ámbito do consumo problemático de sustancias na realidade da nosa cidade, máis concretamente, no ámbito da exclusión social.
En liñas xerais, recóllese a necesidade de avanzar dende a intervención directa co colectivo cara unha combinación da mesma co activismo social. Detectamos moitas necesidades non cubertas pola Administración, barreiras no acceso a recursos e servizos e en ocasións, vulneracións de Dereitos Humanos Fundamentais que deben ser reivindicados e visibilizados.
Pomos o acento en determinados grupos dentro da exclusión que son dobremente vulnerables, como as mulleres sen fogar, os inmigrantes en situación irregular e as persoas reclusas, para que adaptemos os recursos e as políticas sociosanitarias ás particularidades de cada un/unha.
Posicionámonos a favor da regularización de todas as drogas, entendendo que cada persoa decide libremente o consumo ou non de sustancias, pero con políticas de control, calidade, uso, etc similares ás actuais sobre tabaco e alcohol.
Esta será a nosa guía común, a vertebra que unirá cada unha das nosas actuacións como Médicos do Mundo Vigo e que nos fará máis coherentes coa nosa labor e cara as persoas usuarias dos nosos programas.
Saúdos
GRUPO DE MOVILIZACIÓN EN DROGAS DE VIGO