Tras un intenso ano 2010 no que “nacemos” como grupo de movilización, no que buscamos o noso “sitio” dentro de Médicos do Mundo, as nosas posibles funcións, as nosas metas e desexos, perspectivas de traballo, etc, un ano vinculado especialmente ás reivindicacións do colectivo de Persoas sen Fogar pero no que tamén tivemos espacio e tempo para elaborar o noso posicionamento propio en drogodependencias, aterrizamos de cheo no 2011 coas pilas ben cargadas e a mochila chea de novas ideas e proxectos.
- Seguiremos dando caña co tema do Centro de Emerxencia Social, tan necesario na cidade de Vigo, e con todas aquelas vulneracións ou necesidades non cubertas das que sexamos testigos ou protagonistas, sobretodo tendo en conta que este é ano electoral e que as nosas reivindicacións poden “chegar mellor” a quen corresponda.
- Elaboraremos un estudo da realidade da muller en situación de exclusión social co que esperamos contribuir a unha maior visibilización do colectivo e polo tanto, a unha mellora nas súas condicións de vida.
- Estamos estudando a posibilidade de iniciar programas de sensibilización en centros educativos, pero tamén dirixirnos ós profesionais en centros sanitarios e sociais.
- Estamos estudando a posibilidade de iniciar programas de sensibilización en centros educativos, pero tamén dirixirnos ós profesionais en centros sanitarios e sociais.
- Aínda que non é unha actividade propiamente do Grupo de Drogas, moitos/as de nós participamos no “proxecto Caldo” formado únicamente por persoal voluntario que sae polas noites para realizar un estudo da poboación sen fogar na cidade de Vigo.
¡¡¡E moito, moito máis que irá xurdindo!!!
Se queres contactar con nós para máis información, suxerencias, colaboración ou para unirte ó Grupo pódelo facer no correo electrónico galicia.mobilizacion@medicosdelmundo.org
ou a través do noso grupo en Facebook http://www.facebook.com/people/Grupo-Movilizacion-Drogas-Vigo/100001693601857