jueves, 7 de noviembre de 2013

Candidaturas Definitivas (Eleccións Xunta Directiva Médicos do Mundo Galicia)


Comunicámoslles a proclamación das candidaturas definitivas para as eleccións 2013 á Xunta Directiva de Médicos do Mundo Galicia

Xunta electoral: Eleccións a membros de Xunta Directiva 2013 de Médicos do Mundo Galicia.
 
Comunicación de candidaturas  definitivas.

 O día 21 de outubro de 2013, a Xunta Electoral de Médicos do Mundo Galicia aceptou como candidaturas definitivas nas eleccións a membros de Xunta Directiva da Organización, as das persoas que a continuación se relacionan.

 
·                      Inés María Fernández de Córdoba (Candidatura Inés Fernández)

·                      Begoña Lehmkuhl Deiros  (Candidatura Begoña Lehmkuhl)

Non houbo reclamacións nin incidencias e por tanto segue adiante o proceso electoral tal e como estaba programado, abríndose a partir deste momento o período para o voto por correo. A data tope para a recepción de votos por correo é o 20 de decembro de 2013

Aquelas persoas que desexen votar por correo, poden pórse en contacto a través dos correos:

      ·          galicia@medicosdelmundo.org

·          anamaria.mateo@medicosdelmundo.org

 
ou ben chamando á sede de Médicos do Mundo en Santiago para que se lles facilite toda a información.

 O  teléfono de contacto é: 981 57 81 82