A
Asociación de Axencias Internacionais de Desenvolvemento (AIDA) promove unha
ciberacción para reclamar o cesamento permamente do fogo en Gaza.
Entre o 8 e o 27 de xullo, as
forzas militares israelís mataron polo menos 760 civís en Gaza, incluíndo 226
crianzas, 117 mulleres e 37 persoas ancianas. Outras 6.233 foron feridas e hai
ao redor de 215.000 desprazadas. Escolas, hospitais, infraestruturas de auga e
casas foron completamente destruídas. Os refuxios están colapsados e os centros
sanitarios afectados polo deficiente abastecemento de combustíbel e suministros
médicos. A violencia ten que parar de unha vez por todas. Os palestinos e os
israelís merecen seguranza e unha paz xusta e duradeira. Todos os estados teñen
que traballar para afrontar as causas do conflito e lograr un cesamento
definitivo.
Para colaborar nesta acción, compartide esta mensaxe no voso
perfil de Twitter, Facebook e Tumblr: “I call for a lasting #Ceasefire4Gaza. The
violence must stop. Recovery must start. http://thndr.it/WFtoP9”