A epidemia do virus en África occidental é xa a
maior da historia e segue fóra de control
Ante
a dimensión da epidemia de ébola en África occidental, que é xa a maior da
historia, con máis de 1.200 persoas afectadas, das que preto de 700 faleceron ,
Médicos do Mundo decidiu pór en marcha
un programa de prevención na zona nordés de Serra Leona, fronteiriza con
Guinea, orixe do brote actual.
A
enfermeira Piñeiro González, tamén presidenta de Médicos do Mundo en Canarias,
acaba de viaxar á zona para iniciar este proxecto de sensibilización que
pretende trasladar información chave ao maior número de persoas posible para
evitar o contaxio do virus. O obxectivo é evitar a aparición de casos no
distrito de Koinadugu, onde traballa Médicos do Mundo. Hai que ter en conta que
en Serra Leona, en comparación con Guinea, a expansión da enfermidade está a
ser moi rápida, posto que no mesmo tempo existen máis casos detectados, debido
á grande mobilidade poboacional.
"Atopámonos cunha sociedade que nunca estivo en contacto coa enfermidade, por tanto hai que facer chegar os consellos básicos para evitar o contaxio a cantas máis comunidades mellor, da maneira máis rápida posible e con mensaxes claras e visuais que sexan facilmente comprensibles pola poboación", afirma Piñeiro González.
A
organización humanitaria leva trece anos traballando en Serra Leona, en
coordinación co Ministerio de Saúde, polo que coñece a estrutura do sistema
sanitario local. Outra das razóns da intervención é que Serra Leona é xa o país
máis afectado por esta febre hemorrágica, con 454 casos comprobados e 219 mortes,
e que é a primeira vez que a enfermidade se detecta no país, polo que a
poboación non está familiarizada coas medidas para combatela. Aínda que a taxa
de letalidade é menor que noutros países -sitúase en torno ao 35%, cando pode
alcanzar o 90%- a expansión dos contagios está lonxe de ser controlada.
A
prevención foi identificada como a estratexia crave para atallar o virus, como
lembrou recentemente o director rexional da Organización Mundial da Saúde (OMS)
para África.
Traballo previo de Médicos do
Mundo sobre ébola en Serra Leona
Médicos
do Mundo desenvolveu recentemente unha formación preventiva no hospital de
Kabala dirixida a un centenar de persoas; non só membros do persoal sanitario,
senón tamén doutras áreas de traballo auxiliares claves para o control do
virus, como condución de ambulancias ou persoal de limpeza.
Ademais,
incluíuse o compoñente de ébola nas formacións do persoal dos 68 centros
sanitarios incluídos no proxecto de mellora da saúde materno-infantil que
desenvolve a ONG, presente no país desde 2001.
Doutra
banda, realizouse unha avaliación da sala de illamento do hospital de Kabala,
onde se reparou o sistema eléctrico e achegouse o material de protección
necesario para acomodala, como luvas, plásticos cubrecolchón ou cloro, utilizado
como desinfectante.
Tamén
se levaron a cabo acciones de sensibilización nas escolas, tanto co profesorado
como co alumnado.
Alcance da situación
Nos
últimos días a enfermidade estendeuse a un cuarto país, Nixeria -ademais dos xa
afectados Guinea, Liberia e Serra Leona-, mentres que Togo está tamén en
alerta. Ademais, un caso de ébola detectouse en Freetown, capital de Serra
Leona, unha cidade densamente poboada. En Liberia xa son dous os médicos
falecidos por esta enfermidade; o último o doutor Samuel Brisbane, especialista
do hospital JFK de Monrovia, un dos grandes centros de tratamento fronte a esta
febre hemorrágica.
Ante
a gravidade da situación, a OMS decidiu abrir un novo centro de coordinación
rexional en Conakry, tal e como solicitaron 11 países africanos na reunión de
emerxencia convocada recentemente pola OMS en Ghana.