miércoles, 4 de marzo de 2015

SESIÓNS DE FORMACIÓN PARA VOLUNTARIADO DE MDM CORUÑA.


No Centro Municipal Asociativo A Escada  -Rúa Manuel Azaña s/n, 15670 O Burgo, Culleredo – Médicos do Mundo Coruña está a desenvolver unhas sesión de formación desde a óptica do dereito, en temas de especial relevancia para as mulleres. Están abertas a todo o mundo interesado en aprofundar algo máis nos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, e por suposto a todo o voluntariado que desenvolve o seu labor en MDM.
A seguinte sesión terá lugar o Sábado 7 de marzo de 10:00 a 13:30 baixo o título:
Dereitos Sexuais e Reprodutivos das Mulleres I: Dereito ao aborto
No sábado 28 de marzo, daráselle continuidade a esta sesión, falando tamén dos dereitos sexuais e reprodutivos, pero desta vez, centrándonos na Maternidade por Contrato.