-->
O venres 16 de Outubro tivo
lugar o XX Aniversario de Médicos do Mundo en Galicia na Aula Castelao da
Facultade de Medicina en Santiago de Compostela
O acto comezou cunha
exposición fotográfica da evolución das actividades desenvolvidas por Médicos
do Mundo en Galicia dende 1995 ata a actualidade. A celebración proseguiu
dinamizada por Paco Peleteiro cunha cortometraxe sobre o traballo das
diferentes sedes: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, onde se apreciaron
os principais ámbitos de intervención: inmigración, prostitución, sen fogar,
drogas…sen esquecer a importancia da incidencia política e a denuncia de todas
as situacións que vulneran o dereito á saúde.
A parte emotiva do vídeo
resultou ser común para todas as persoas implicadas, coincidindo nas
aportacións emocionais e profesionais do traballo diario en Médicos do Mundo,
brindando outro prisma da realidade na pel das persoas máis vulnerables. A
implicación e dedicación das persoas voluntarias e o equipo técnico desta
asociación foi clave para a súa mellora e evolución. Cabe destacar a loita de
Médicos do Mundo por que as persoas titulares de dereito formen parte dos
procesos de cambio, das tomas de decisións e participen das propias
actividades.
Para rematar, rendéuselle
unha homenaxe a Nieves Turienzo pola súa admirada dedicación na
presidencia de Médicos de Mundo en
Galicia durante estes últimos 10 anos, insistindo na importancia da incidencia
política para calquera cambio social.
A unidade, a comprensión e a
reciprocidade das diferentes formas de traballar resultaron imprescindibles
para a mellora desta asociación a nivel autonómico que vela polo dereito á
saúde de todas as persoas.
“Todas somos Médicos do Mundo”