jueves, 24 de diciembre de 2015

"Que compartir é o mellor que nos pode pasar"

-->

“Hoxe celebramos que a lotería séguenos a tocar cada dia. Que compartir é o mellor que nos pode pasar. Que aínda que vivimos nun mundo consumista con “pouco pódese facer moito”.
Brindamos coa veciñanza, coas persoas voluntarias, coas coñecidas e extrañas….e celebramos que un ano máis chega e estamos aquí para darlle a benvida.

Queremos tamén lembrarnos de todas as persoas das que nos tivemos que despedir no 2015: nove persoas que xa non están entre nós e que tivemos a sorte de coñecer e medrar xunto a elas. Tamén están na nosa mente as que tiveron que emigrar para poder vivir, pero que siguen cerca. Por todas as que foron pasando e que fumos coñecendo grazas a Médicos do Mundo.
Esperamos que o 2016 sexa un ano de loita e forza. Aquí estamos”. - Cóntanos Patricia, técnica do CEREDA, despois da emotiva despedida do ano no centro.

Son moitas as persoas en situación de vulnerabilidade as que están a sobrevivir nas rúas. Cada seis días morre unha persoa sen fogar en España segundo o minitro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso, na roda de prensa posterior ao Consello de Ministros que aprobou a Estratexia de Persoas Sen Fogar.
O traballo diario con estas persoas e o contacto con esta continua realidade de inxustiza social require da creación de espazos de respiro nos que as persoas voluntarias, técnicas, axentes de saúde e incluso axentes de barrio se reúnan para seguir creando, debatindo, compartindo e mellorando. O feito de invitar ás axentes de barrio así como veciños/as e comerciais é clave para seguir loitando na reconciliación das diferentes realidades.
Esta vez tocou reunirse para celebrar, para brindar polo ano de traballo, polas que marcharon e polas que chegaron, polas tensións e polas alegrías, polos erros e polos acertos, pero sobre todo por seguir crendo en que as cousas se poden facer doutra maneira mentras se crean.


 


 Marta Pernas (voluntaria MDM)