Tras unha simple porta que oculta a occidente a máis auténtica visión, dunha loita que non fai máis que reclamar unha xustiza e dereito que ten un pobo non esquecido polas xentes do mundo, pero si iñorado polos máis poderosos…
Esta pequena visión é unha gran denuncia da reclamación dun pobo que o único que pide é poder volver á súa terra, que é o que lle pertence. Algo tan básico como o aire que respiramos todos os días pero tan simple que nós non lle damos aprecio, este é o noso triste infortunio… e a súa máis triste necesidade.
Estas fotos que foron expostas en Lugo, pequeno pedaciño de terra saharaui , ofrecéronnos unha visión que nos traslada moitos sentimentos de vida e implicación e chegan a facernos partícipes do problema para comprendelo…
Isto foi recreado cun xogo de luces que dá moito sentido a estas grandes fotografías que fan, incluso, vivir calafríos da noite saharaui, chegando a percibir a calor dos e das protagonistas do deserto, baixo o manto da noite estrelada, que non sabe de fronteiras nin de inxustizas…