Trala entrda en vigor do Real Decreto 16/2012, de medidas urxentes para garantir a
sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade
das súas prestacións, miles de persoas perderon o dereito de atención médica e farmacéutica.
Diferentes mecanismos de dereitos humanos europeos e de Nacións Unidas veñen
advertindo ao Goberno español sobre as consecuencias dos recortes en
políticas sociais e, especificamente, sobre o impacto da reforma sanitaria nos
colectivos de poboación máis vulnerables.
Baile de
cifras sobre as tarxetas sanitarias retiradas: 873.000 segundo o Goberno informando a Bruxelas, en 2013; 676.000 segundo a ministra Ana Mato informando á Comisión de
Sanidade, en xaneiro 2014; 748.835 segundo
o Ministerio de Sanidade, en resposta a mecanismos de dereitos humanos, en
xaneiro 2014.
Como consecuencia do RDL
16/2012 incrementáronse as desigualdades
en saúde entre as CCAA. prestación
farmacéutica é regulada tamén de maneira desigual e as diversas medidas
deseñadas só son parches que non chegan
a resolver a quebra do principio de Universalidade do Dereito Humano á Saúde.
A Xunta de Galicia foi das
primeiras en pór en marcha un programa especial para proporcionar o acceso á
atención sanitaria aos colectivos expulsados do Sistema Nacional de Saúde por
aplicación do Real Decreto-Lei 16/2012, o Programa
galego de protección social da saúde pública, en vigor desde outubro de 2012.
A Xunta apuntou nun inicio que poderían chegar a ser 9.000 as persoas estranxeiras en situación administrativa irregular
que cumprirían os requisitos para acceder ao Programa; fronte ás 15.000 segundo as cifras consideradas polas
organizacións sociais.
Médicos do
Mundo e un gran número de organizacións sociais
mobilizáronse para facer ver ao executivo galego do insuficiente das medidas previstas e a persistencia de numerosos casos
de persoas, mesmo menores de idade e mulleres embarazadas, a quen se denega a atención sanitaria ou
non son informadas da existencia do Programa. Médicos do Mundo considera que o Goberno español debe pór en marcha
de maneira prioritaria as medidas lexislativas, políticas e orzamentarias
necesarias para restituir o modelo sanitario
acorde co principio de Universalidade da asistencia sanitaria.
Neste mes de abril comemórase
o Día Internacional da Saúde, que cada ano presta atención a cuestións
relevantes de saúde pública no ámbito internacional. Paralelamente, no Estado Español cúmprense
dous anos da entrada en vigor do Real
Decreto 16/2012, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do
Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas
prestacións, que entre outras medidas deixou fóra do sistema sanitario as
persoas inmigrantes en situación irregular, o que supón unha ruptura co modelo
vixente até o momento, que pretendia garantir o dereito de sanidade universal.
Médicos do Mundo considera que o Goberno español debe pór en marcha de
maneira prioritaria as medidas lexislativas, políticas e orzamentarias
necesarias para restituír o modelo
sanitario acorde co principio de Universalidade da asistencia sanitaria.