domingo, 11 de mayo de 2014

MDM Galicia na mesa “Prostitución, Explotación de Xénero”

Médicos do Mundo Galicia participou na mesa “Prostitución, Explotación de Xénero”


O pasado 24 de abril Médicos do Mundo Galicia participou en Compostela nunha mesa redonda organizada por Esquerda Unida para debater a situación das mulleres vítimas de prostitución e explotación sexual desde a perspectiva de diferentes organizacións que traballan na intervención con este colectivo.
Xunto con Proxecto Vagalume e Faraxa abordouse a situación das mulleres en contexto de prostitución, e destacouse por parte de tódalas poñentes a necesidade de auñar forzas y traballar en rede na loita contra explotación sexual das mulleres, loita cada vez más necesaria ante o invisible da situación das mulleres que actualmente teñen maior perigo de exclusión.