Movémonos
pola Saúde das Mulleres, sen Dereitos non hai Saúde!
O pasado mércores 28 de maio conmemoramos o Día de Acción Mundial pola Saúde das
Mulleres, con accións en defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos nas
localidades de Vigo e A Coruña.
O dereito das mulleres a gozar de
saúde integral ao longo da súa vida, é un dereito humano universal consagrado
pola Declaración Universal de Dereitos Humanos. A saúde integral responde a factores biopsicosociais, pois depende
do lugar que as mulleres ocupan na sociedade e da posibilidade de acceder aos
recursos materiais e simbólicos para unha vida digna, en igualdade de oportunidades
e exenta de violencia. Unha vida na que a sexualidade
e a reprodución se exerzan desde a autonomía
e a liberdade.
No contexto actual, en Médicos do Mundo consideramos que o Goberno español está a promover medidas
lexislativas, políticas e orzamentarias que ameazan a autonomía e a saúde das mulleres e que van en detrimento
dos seus Dereitos Sexuais e Reprodutivos, polo que con estas accións queremos instar ao Goberno a promover políticas públicas acordes á súa obriga de garantir e protexer
o Dereito á Saúde das Mulleres baixo os principios de Universalidade, Liberdade
e Autonomía.
Máis información da Campaña internacional de Médicos do Mundo polos
Dereitos Sexuais e Reprodutivos “Names
not numbers”