Neste mes de xullo, Médicos do Mundo Galicia dá inicio ás sesións
formativas relativas ao programa Polo dereito á saúde das
persoas inmigrantes. Estas sesións serán abertas a todas as
persoas interesadas en asistir. As datas e horarios previstos son:
- 14 de xullo (18 a 21h) Desmontando mitos e crenzas sobre a poboación inmigrante
- 21 de xullo (18 a 21h) Inmigración e dereitos. Lei de Extranxeiría
Pendentes de concretar:
- Acceso á saúde das persoas inmigrantes (tramitacións)
- Dereitos Humanos e Dereito á saúde
- Xénero e igualdade
As sesións terán lugar no Centro Sociocultural A Trisca (Corredoira das Fraguas, 92. Barrio de San Pedro. Santiago de Compostela). Ver enderezo aquí.
Ademais, nestas últimas semanas o grupo de persoas voluntarias do programa
de inmigración ten participado nas seguintes actividades:
-
Realización dunha charla con persoas inmigrantes na Facultade de Económicas da USC, ao redor da defensa dos dereitos humanos e as vulneracións do dereito á saúde. Onde foron presentadas as conclusións do estudio europeo EL ACCESO A LA SANIDAD DE LAS PERSONAS EN SITUACIÓN DE MAYOR PRECARIEDAD EN UNA EUROPA EN CRISIS SOCIAL e do informe DOS AÑOS DE REFORMA SANITARIA, MÁS VIDAS HUMANAS EN RIESGO
-
Participación no Encontro do Foro Galego de Inmigración, cuxa actividade podedes consultar na seguinte ligazón: http://forogi.wordpress.com/
O grupo de voluntarias do programa de inmigración reúnese o primeiro luns de cada mes. Se estás interesada
en participar ou coñecer o traballo deste programa contacta
connosco a través do correo-e: belen.torron@medicosdelmundo.org