Organizacións membras da Asociación de Axencias Internacionais de
Desenvolvemento (AIDA) -organismo de coordinación
de máis de 70 ONG que traballan en Palestina- pedimos a paralización das
accións militares de todas as partes implicadas para restablecer a paz e a
seguridade da poboación de Gaza.
Tras solicitar reiteradamente o cesamento do fogo
ao longo destes anos e constatar o fracaso das operacións militares, estas
organizacións, entre as que está Médicos do Mundo, seguimos retomando os
programas de emerxencia e atención ás poboacións, e axudando a civís inocentes
a superar o trauma e a reconstruír Gaza unha e outra vez.
Chamamos de novo a un cesamento do fogo porque
mentres que a poboación civil é asasinada polos ataques aéreos israelís contra
Gaza, as súas casas, escolas e puntos de auga están tamén sendo destruídos. Por
iso, non podemos aceptar un simple retorno ao status quo. Os cambios
fundamentais son necesarios para que as persoas atrapadas no conflito vexan
protexidos e respectados os seus dereitos e necesidades.
Estes cambios deberán incluír que a comunidade internacional e as partes implicadas traballen unidas para dar garantía de seguridade aos campamentos, a soberanía palestina, o dereito humanitario internacional e os dereitos humanos.
As asociacións abaixo asinantes, todas activas nos
ámbitos humanitario, de desenvolvemento, relixión e lei, instamos á comunidade
internacional para iniciar este proceso inmediatamente redobrando esforzos para
traballar de maneira efectiva coas todas as partes e acordar solucións
sustentables. Estas deben contribuír a unha paz xusta e equitativa na rexión,
ao fin do bloqueo en Gaza e garantir que violacións dos dereitos humanitarios
internacionais e os dereitos humanos non sexan labores.
Relación de asociacións asinantes:
1. Acción contra el Hambre (ACF)
2. ActionAid
3. American Friends Service Committee (AFSC)
4. CUIDADO
5. Catholic Relief
Services (CRS)
6. CESVI
7. DanChurchAid (DCA)
8. Diakonia
9. Comunidades Globales
10. Gruppo di Volontariato Civile (GVC)
11. Handicap
International
12. HelpAge
International
13. Heinrich-Böll-Fundación
14. HEKS
15. Centros
Internacionales de Aprendizaje (ILC)
16. Japón Centro de Voluntariado Internacional (JVC)
17. Ayuda Médica para los palestinos -. MAPA Reino Unido
18. Médicos del Mundo – Francia
19. Médicos del Mundo – Suiza
20. Médicos del Mundo-España
21. Comité Central Menonita (MCC)
22. Norwegian Church Aid (NCA)
23. Aid (NPA) Popular Noruega
24. Consejo Noruego para los Refugiados (NRC)
25. Oxfam
26. Acción Humanitaria Polaca (PAH)
27. Premiere Urgence Medicale Internationale Ayuda (PU-AMI)
28. Save the Children
29. Solidaridad
Internacional-Alianza por la Solidaridad (SI-APS)
30. Terre des Hommes Italia (TDH Italia)
31. Terre des Hommes Lausanne
32. El Centro Carter