Durante o mes de agosto as persoas
voluntarias do programa de mellora do
acceso á saúde de persoas inmigrantes están a desenvolver en colaboración
con diferentes asociacións e concellos de Galicia, palestras sobre o dereito á
saúde, o acceso ao sistema sanitario e obradoiros de saúde en situacións de
primeira necesidade (primeiros auxilios, saúde materno-infantil etc.).
A pasada semana estas formacións
tiveron lugar en Burela, Boiro e Ribeira. En Burela, a palestra sobre “Vías
de acceso á asistencia sanitaria en Galicia para persoas inmigrantes” organizada
en colaboración co concello, reuniu 24 persoas, na súa meirande parte
procedentes de Perú e Cabo Verde. As súas dúbidas estiveron relacionadas coas condicións
e dificultades para o recoñecemento de asegurada ou beneficiaria polo Instituto
Nacional de Seguridade Social.
As vindeiras charlas deste
ciclo serán:
“Primeiros auxilios”
- 6 de agosto (10 a 14h). A
Coruña. Asociación TERANGA (Praza de Mª Auxiliadora, 7)
- 7 de agosto (16 a 20h).
Ourense. Asociación TERANGA (Rúa Peña Trevinca, 8)
- 13 de agosto (9 a 14h). Negreira. Casa da Cultura.
- 13 de agosto (9 a 14h). Negreira. Casa da Cultura.
“Protocolo de seguridade e vulneracións do dereito á
saúde”
- 10 de agosto (18 a 19:30h). A
Coruña. Asociación Veciñal AGRA (Entrepeñas, 38)
“Mediación no contexto sanitario”
- 17 de agosto (18 a 19:30h). A
Coruña. Asociación Veciñal AGRA (Entrepeñas, 38)
Calquera persoa interesada en
participar ou recibir máis información pode contactar con: belen.torron@medicosdelmundo.org