Mostrando entradas con la etiqueta axuda humanitaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta axuda humanitaria. Mostrar todas las entradas

jueves, 31 de julio de 2014

Médicos do Mundo comeza un proxecto de prevención do ébola en Serra Leona

A epidemia do virus en África occidental é xa a maior da historia e segue fóra de control

Ante a dimensión da epidemia de ébola en África occidental, que é xa a maior da historia, con máis de 1.200 persoas afectadas, das que preto de 700 faleceron , Médicos do  Mundo decidiu pór en marcha un programa de prevención na zona nordés de Serra Leona, fronteiriza con Guinea, orixe do brote actual.
A enfermeira Piñeiro González, tamén presidenta de Médicos do Mundo en Canarias, acaba de viaxar á zona para iniciar este proxecto de sensibilización que pretende trasladar información chave ao maior número de persoas posible para evitar o contaxio do virus. O obxectivo é evitar a aparición de casos no distrito de Koinadugu, onde traballa Médicos do Mundo. Hai que ter en conta que en Serra Leona, en comparación con Guinea, a expansión da enfermidade está a ser moi rápida, posto que no mesmo tempo existen máis casos detectados, debido á grande mobilidade poboacional. 


lunes, 28 de julio de 2014

Ciberacción para o cesamento definitivo do fogo en Gaza

A Asociación de Axencias Internacionais de Desenvolvemento (AIDA) promove unha ciberacción para reclamar o cesamento permamente do fogo en Gaza. 

Entre o 8 e o 27 de xullo, as forzas militares israelís mataron polo menos 760 civís en Gaza, incluíndo 226 crianzas, 117 mulleres e 37 persoas ancianas. Outras 6.233 foron feridas e hai ao redor de 215.000 desprazadas. Escolas, hospitais, infraestruturas de auga e casas foron completamente destruídas. Os refuxios están colapsados e os centros sanitarios afectados polo deficiente abastecemento de combustíbel e suministros médicos. A violencia ten que parar de unha vez por todas. Os palestinos e os israelís merecen seguranza e unha paz xusta e duradeira. Todos os estados teñen que traballar para afrontar as causas do conflito e lograr un cesamento definitivo. 

Para colaborar nesta acción, compartide esta mensaxe no voso perfil de Twitter, Facebook e Tumblr: “I call for a lasting #Ceasefire4Gaza. The violence must stop. Recovery must start. http://thndr.it/WFtoP9”

jueves, 24 de julio de 2014

Médicos do Mundo esixe o cesamento do fogo inmediato en Gaza para distribuír axuda humanitaria e atender á poboación civil

Proximamente sairá desde España un novo equipo médico da organización para intervir directamente na franxa

Mentres as operacións militares israelís intensifícanse na franxa de Gaza, a axuda humanitaria urxente non pode ser distribuída. Varios cargamentos de material sanitario enviados por Médicos o Mundo e destinados a centros de saúde desabastecidos foron retidos.
O pasado domingo, 20 de xullo, foi un dos días máis sanguentos desde o comezo da operación “Marxe protectora”: polo menos 60 persoas palestinas foron asasinadas, entre elas 14 mulleres e 17 nenos. A poboación civil é a principal vítima do conflito.
O doutor Hosam, médico de urxencias no hospital Nasser, ao sur de Gaza, declara: "recibimos polo menos a 75 persoas ao día, a maioría nenos e nenas alcanzados polos bombardeos, que lles provocan traumatismos craniais, torácicos e abdominais, ou feridas en pernas e brazos que requiren cirurxía vascular e reconstructiva, algo que lamentablemente non podemos ofrecerlles".







lunes, 21 de julio de 2014

MÁIS DE TRINTA ORGANIZACIÓNS PEDIMOS O ALTO AO FOGO E UNHA SOLUCIÓN PACÍFICA PARA O CONFLITO DE GAZA


Organizacións membras da Asociación de Axencias Internacionais de Desenvolvemento (AIDA) -organismo de coordinación de máis de 70 ONG que traballan en Palestina- pedimos a paralización das accións militares de todas as partes implicadas para restablecer a paz e a seguridade da poboación de Gaza.

Tras solicitar reiteradamente o cesamento do fogo ao longo destes anos e constatar o fracaso das operacións militares, estas organizacións, entre as que está Médicos do Mundo, seguimos retomando os programas de emerxencia e atención ás poboacións, e axudando a civís inocentes a superar o trauma e a reconstruír Gaza unha e outra vez.
Chamamos de novo a un cesamento do fogo porque mentres que a poboación civil é asasinada polos ataques aéreos israelís contra Gaza, as súas casas, escolas e puntos de auga están tamén sendo destruídos. Por iso, non podemos aceptar un simple retorno ao status quo. Os cambios fundamentais son necesarios para que as persoas atrapadas no conflito vexan protexidos e respectados os seus dereitos e necesidades.