Mostrando entradas con la etiqueta persoas sen fogar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta persoas sen fogar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de mayo de 2011

Manifestación 19 de maio 2011 "Os Dereitos Das Persoas Sen Fogar Non Se Poden Olvidar"

 









Dende a Rede Social galicia Sur cremos importante recordar a situación das persoas sen fogar de Vigo e a necesidade de cubrir de maneira axeitada as súas necesidades e dereitos sociais básicos. Tamén queremos manifestar o apoio do compromiso da apertura do “Centro de acollida-albergue” como ampliación da oferta asistencial para as persoas sen fogar. En calquera caso a Rede segue a considerar fundamental a creación dun Centro de Inclusión social que complete os servizos que ofrecerá este centro: centro de baixa esixencia, atención social continuada 24h etc.

Por último queremos manifestar a nosa preocupación sobre a necesidade de garantir dalgún xeito que goberne quen goberne se manteñan os compromisos coas persoas sen fogar da nosa cidade. En calquera caso a Rede Social Galicia Sur permanecerá atenta e vixiante a que se execute todo o acordado.

Para facer fincapé en non esquecer todo isto a Rede Social Galicia Sur, convida á cidadanía a un novo acto de sensibilización:

MARCHA-MANIFESTACIÓN baixo o lema: “OS DEREITOS DAS PERSOAS SEN FOGAR NON SE PODEN OLVIDAR” que se vai celebrar o xoves 19 de maio ás 20h00 dende o museo Marco ata a Porta do Sol.

miércoles, 30 de marzo de 2011

¿Sen luz e sen auga?¿Sen fogar? Crónica do século XXI en Vigo. Capítulo I

CAPÍTULO I
   Xa hai 3 meses que comezamos unha aventura voluntarios de MDM polas noites de Vigo para coñecer de primeira man as necesidades das persoas sen fogar que viven na rúa na miña cidade. 
   Antes de comezar a relatar as miñas experiencias, quero resaltar con maiúsculas a calidade humana das persoas que traballamos xuntas neste "traballo", Tere a alma mater das saídas, Lucía, Ruth e Nuria, case todas mulleres ¿será verdade que teñen unha sensibilidade especial para tratar coas persoas con problemas? eu penso que si. 
   O proxecto que emprendemos a principios de ano como "Proxecto caldo" comezou atado por fíos pero a "humanidade" das persoas que integramos o grupo fixo que os fíos se converteran en aceiro, os venres como di a miña compañeira Nuria son baños de humildade para nos que vivimos nunha situación "cómoda", e fainos coñecer a "outra realidade", e apreciar nesta vida o que temos e minimizar os problemas e agobios que temos día a día. Non é un proxecto doado porque tódalas persoas coas que tratamos están escaldadas e queimadas coa sociedade e sobre todo coa clase política, pero teño que dicir que ata agora connosco foron a maioria sempre moi agarimosos e abríronse, porque eles si teñen unha necesidade real dun fogar e unha man que os axude a intentar saír da situación na que se atopan.
   Tamén e certo que levar o chaleco de MDM nos abre moitas portas, pois a organización é moi coñecida na miña cidade, e quen máis e quen menos tivo algunha experiencia xa coa nosa ONG no CEREDA e case sempre positiva.
   Os primeiros días foron de exploración para localizar os "choupanos" (casas ocupadas por chamalas dalgunha maneira) e as persoas que durmen en plena rúa, para logo ir a tiro fixo a falar con eles e coñecer a súa situación.
   Tódolos venres saímos o grupo e facemos unha ruta máis ou menos fixa e imos a atoparnos coa realidade que oculta a nosa sociedade, é dura pero enriquecedora, e penosa pero gratificante, e dolorosa pero real...a nosa "Tere" que ten contactos ata no inferno facilítanos moito a laboura.
   Eu teño que decir que os anos 80s que tanto dano fixo no meu barrio e na miña cidade, sérvenme para moverme coma peixe na auga nestes ambientes tan denostados, porque todos temos un pasado e ninguén debe renunciar de onde ven, e esa experiencia estouna aproveitando. Falamos con persoas e máis persoas que por unha ou outra circunstancia atopanse así, dende persoas de 20 anos ata persoas de 70 anos, con" estranxeiros" (non me gusta isto porque unha persoa é de onde pace e non de onde nace), vigueses e españois.
   Paises de procedencia ata agora moitos, dende Marrocos, Polonia, Perú, Portugal, España, e unha mesma coincidencia na situación infrahumana permitida e coñecida por toda a clase politica do meu "pais", dende o puto inferno elexido como fogar a un puto banco en plena rúa á choiva, isto é así...

Seguirá no CAPÍTULO II
  
 Celso

miércoles, 19 de mayo de 2010

Acto da RSGS do 15 de abril










   O dia 15 de abril de 2010, a Rede Social Galicia Sur, da que forma parte activamente Médicos do Mundo, convocou a toda a cidadania a unha concentración e posterior marcha en Vigo en prol da apertura inmediata do Centro de Inclusión Social.  Primeiro concentrámonos na entrada do museo Marco, desplegando as nosas tendas de campaña como símbolo das duras condicións nas que teñen que vivir centros de persoas na cidade que non dispoñen dunha vivenda digna. Posteriormente dirixímonos cara a Praza da Constitución para ler o manifesto onde reclamamos unha vez máis, a inmediata apertura do Centro de Inclusión Social tantas veces prometido pola clase política. 

lunes, 11 de enero de 2010

O Rei Mago entrega carbón á Xunta e ó Concello de Vigo



















   O pasado dia 5 de xaneiro, unha vez máis, lembrámoslle ós políticos da cidade de Vigo ó incumpremento da creación do centro de inclusión social para as persoas sen fogar.
   A Rede Social Galicia Sur, da que somos parte, pedímoslles ós reis magos este centro tan necesario para a cidade (segundo a lei de servizos sociais calquera cidade de máis de 20.000 persoas está obrigada a ter un centro destas características)
   O noso Rei Mago entregoulle á Xunta de Galicia e ó Concello de Vigo carbón por portarse tan mal coas persoas máis vulnerables da nosa cidade.