Mostrando entradas con la etiqueta trata. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta trata. Mostrar todas las entradas
lunes, 8 de septiembre de 2014
A Rede Galega contra a Trata organiza as III Xornadas contra a trata: investigación, detección e protección das vítimas
A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo acolle o venres 19 de setembro a 3ª edición das xornadas contra a trata que se centran na detección da trata con fins de explotación sexual e a intervención coas vítimas. O programa conta coa participación de expertos que falarán sobre o proceso da trata e daqueles indicadores que axudan á súa detección sen deixar de lado as experiencias de traballo con mulleres vítimas.
Organizada pola Rede galega contra a trata ten vocación práctica para ofrecer ferramentas útiles e axeitadas para que poidan ser usadas polos diferentes axentes sociais. Forman parte desta rede dez entidades do ámbito social: ACCEM A Coruña, Adoratrices Ourense (Érguete Muller), Asociación Faraxa Vigo, Cáritas Lugo (Programa Muller), Cáritas Ourense (Alumar), Médicos do Mundo Galicia, Oblatas Ferrol (O Mencer, Oblatas Santiago (Vagalume), Aliad-Ultreia Lugo e Ecos do Sur A Coruña e a investigadora Silvia Pérez Freire.
Este é o programa das xornadas.
E podedes atopar aquí o formulario para a inscrición.
domingo, 10 de octubre de 2010
Xornada de formación sobre trata de persoas.
O primeiro sábado de outubro adicámonos dende a sede de Médicos do mundo de Compostela a profundizar máis sobre a trata de persoas.
En verdade, o término profundizar resulta errado xa que vai vencellado a un mínimo de coñecemento previo sobre o tema; e, permitídeme concluir que cando nos referimos sobre a temática de trata, o que abonda é o descoñecemento mais que outra cousa... ou cicais non?
Persoalmente puiden comprobar que dentro da carencia de recursos lexislativos, políticos, informativos e de sensibilización, hai voces como a de Martina Kaplún; que a través dunha palestra sinxela, directa e concisa nos despexou o barullo de ideas que alomenos unhas cantas persoas tiñamos.
Unha que saiu da xornada embriagada por certo pesimismo ao verse incapaz de loitar contra o desinterés dos mandatarios sobre este tema, cómpre facernos unha pregunta: como actuar dentro das nosas limitacións?
Bon, na nosa man, sempre queda algo por facer...
Alicia Ares: enfermeira voluntaria da Área de Prostitución de Médicos do Mundo-Galicia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
