Mostrando entradas con la etiqueta reforma sanitaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reforma sanitaria. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de noviembre de 2015

CONVOCATORIA

CONVOCATORIA PRENSA ACTO  SANIDADE 9 DE NOVEMBRO

A Rede Galega en Defensa da Saúde, conformada por Médicos do Mundo, Amnistia Internacional, a  Plataforma SOS Sanidade Pública , a Asociación Galega de Medicina de Familia, e o Foro Galego de Inmigración,

Convoca unha  charla-coloquio que sobre o tema  Reforma Sanitaria/Exclusión Sanitaria. As consecuencias na Comunidade Galega terá lugar o luns día 9 de novembro ás 20 :00 h  no Salón de Actos do Colexio Oficial de Médicos de Santiago de Compostela situado  na Rúa de San Pedro de Mezonzo, nº  39.

No acto participaran dous representantes da nosa Rede, xunto cun representante da Conselleria de Sanidade ( convidamos ao propio Conselleiro) e os voceiros parlamentarios do PPdeG, PSdG-PSOE, BNG e AGE.

lunes, 28 de septiembre de 2015

Presentación Informe Galicia, Reforma Sanitaria

El día 17 de Septiembre MDM Galicia presentó públicamente el informe sobre las consecuencias de la Reforma Sanitaria en Galicia, con la participación de los partidos políticos comprometidos con la abolición del Real Decreto y con el re-establecimiento de una sanidad universal y gratuita.



lunes, 1 de septiembre de 2014

España mantén a exclusión sanitaria das persoas inmigrantes en situación irregular, sen atender as recomendacións internacionais

1  de setembro. Dous anos desde a entrada en vigor da reforma sanitaria


Cando se cumpren dous anos desde a entrada en vigor do Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións (RDL), Amnistía Internacional, Centro por los Derechos Económicos y Sociales, Médicos del Mundo e Red Acoge denuncian que o Estado español incumpriu as recomendacións de diversos mecanismos de Nacións Unidas e do Consello de Europa, que pedían a reforma do RDL e lembraban que o Estado español ten obrigacións legais en materia do dereito á saúde, tamén con respecto ás persoas migrantes en situación administrativa irregular.
Mesmo antes da entrada en vigor do RDL, xa o Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas solicitou a España que a reforma lexislativa non limitase o acceso das persoas aos servizos de saúde, calquera que fose a súa situación legal, e pediu ao Goberno que avaliase o impacto de dita reforma nos colectivos en situación de vulnerabilidade.