Mostrando entradas con la etiqueta conflito armado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conflito armado. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de julio de 2014

Ciberacción para o cesamento definitivo do fogo en Gaza

A Asociación de Axencias Internacionais de Desenvolvemento (AIDA) promove unha ciberacción para reclamar o cesamento permamente do fogo en Gaza. 

Entre o 8 e o 27 de xullo, as forzas militares israelís mataron polo menos 760 civís en Gaza, incluíndo 226 crianzas, 117 mulleres e 37 persoas ancianas. Outras 6.233 foron feridas e hai ao redor de 215.000 desprazadas. Escolas, hospitais, infraestruturas de auga e casas foron completamente destruídas. Os refuxios están colapsados e os centros sanitarios afectados polo deficiente abastecemento de combustíbel e suministros médicos. A violencia ten que parar de unha vez por todas. Os palestinos e os israelís merecen seguranza e unha paz xusta e duradeira. Todos os estados teñen que traballar para afrontar as causas do conflito e lograr un cesamento definitivo. 

Para colaborar nesta acción, compartide esta mensaxe no voso perfil de Twitter, Facebook e Tumblr: “I call for a lasting #Ceasefire4Gaza. The violence must stop. Recovery must start. http://thndr.it/WFtoP9”

jueves, 24 de julio de 2014

Médicos do Mundo esixe o cesamento do fogo inmediato en Gaza para distribuír axuda humanitaria e atender á poboación civil

Proximamente sairá desde España un novo equipo médico da organización para intervir directamente na franxa

Mentres as operacións militares israelís intensifícanse na franxa de Gaza, a axuda humanitaria urxente non pode ser distribuída. Varios cargamentos de material sanitario enviados por Médicos o Mundo e destinados a centros de saúde desabastecidos foron retidos.
O pasado domingo, 20 de xullo, foi un dos días máis sanguentos desde o comezo da operación “Marxe protectora”: polo menos 60 persoas palestinas foron asasinadas, entre elas 14 mulleres e 17 nenos. A poboación civil é a principal vítima do conflito.
O doutor Hosam, médico de urxencias no hospital Nasser, ao sur de Gaza, declara: "recibimos polo menos a 75 persoas ao día, a maioría nenos e nenas alcanzados polos bombardeos, que lles provocan traumatismos craniais, torácicos e abdominais, ou feridas en pernas e brazos que requiren cirurxía vascular e reconstructiva, algo que lamentablemente non podemos ofrecerlles".